• Galego
  • Español
  • English
  • Catalán
  • 0

    A orixe de AUPA

    /Tags: AUPA, INCUBA.T, UNINOVA, USC

    Unha iniciativa empresarial innovadora

    AUPA audiovisual para aprender é unha empresa incubada no programa INCUBA-T, de UNINOVA. UNINOVA é a incubadora de empresas innovadoras e de base tecnolóxica promovida pola Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Santiago. Creada en 1999 co obxectivo de promover a creación de empresas no ámbito universitario.A USC canaliza a través do Programa UNIEMPRENDE a difusión da cultura emprendedora, a promoción de novas empresas e o financiamiento das mesmas.Esta experiencia pioneira enmárcase dentro do Plan Estratéxico da USC, que impulsa a creación de empresas innovadoras no contexto de transferencia de tecnoloxía á sociedade galega, contribuíndo así a modernización do tecido empresarial e a creación de postos de traballo no contorno económico da USC.

    INCUBA.T é unha iniciativa resultado da participación de UNINOVA, no proxecto Europeo TRANSTIC, que ten por obxectivo a promoción da creación de empresas no sector das novas tecnoloxías no territorio de Galicia e do Norte de Portugal, así como sensibilizar ao sector empresarial sobre as vantaxes que da implantación das TIC se derivan.