• Galego
  • Español
  • English
  • Catalán
  • 0

    Formamos parte de NÓ COMÚN

    /Tags: NOCOMUN, profesionales

    NÓ COMÚN claimAUPA iso

    AUPA audiovisual para aprender tamén forma parte de NOCOMUN

    NÓ COMÚN, unha nova iniciativa colectiva que se enmarca no ámbito cultural da Península Ibérica. AUPA audiovisual para aprender achegará ao colectivo a experiencia acumulado no ámbito audiovisual e educativo, para favorecer a sinerxia entre os pareceiros/as do colectivo, así como satisfacer a demanda de servizos dos clientes. Os principais obxectivos de NÓ COMÚN son:

    • A promoción do traballo desenvolvido polas persoas asociadas no ámbito da comunicación e da creación cultural, tanto de xeito individual como colectivo;
    • A promoción da creación cultural en todos os seus ámbitos e disciplinas: cine e audiovisual, fotografía, literatura, artes plásticas e visuais, teatro, danza, música, deseño etc;
    • A  promoción da cultura social e asociativa;
    • A promoción de valores como a igualdade e a xustiza social;
    • A promoción de actividades, produtos e servizos relacionados coa educación, especialmente aquelas vinculadas coa creatividade, a cultura, a igualdade e a xustiza social;
    • A promoción de actividades, produtos e servizos relacionados co patrimonio, o turismo e o desenvolvemento dos territorios, especialmente aquelas vinculadas coa creatividade, a cultura, a igualdade e a xustiza social;

    Proximamente farase unha presentación pública desta iniciativa da que teredes información puntual.