• Galego
  • Español
  • English
  • Catalán
  • 0

    Audiovisual aplicado a unha Intervención Artística

    /Tags: innovation, música, services
    Poder traballar con Mercedes Peón e o seu equipo constituíu a principal motivación para aceptar o reto da realización audiovisual desta intervención artística. AUPA estivo presente nunha experiencia irrepetible, coa coordinación audiovisual.

    Mercedes Peón representa parte da vangarda de Galicia no eido da música. Unha das artistas máis premiadas no panorama nacional e internacional. Isué (2000), Ajrú (2003), Sihá (2007) e SÓS (2010), catro álbumes que colleitaron recoñecemento alén das nosas fronteiras, entre outros o “Nº1 da World Musica Charts Euope 2011”, “Premio Nacional da Cultura 2008” ou “Mellor Artista do Ano polo Magazine FolkWorld”,

    O que admiramos en Mercedes é a súa inquedanza artística e o seu atrevemento á hora de afrontar novos traballos. Sempre subindo chanzos, arriscando nas súas propostas e provocando inevitablemente reaccións na audiencia.

    Pois ben, o reto consistiu na realización dunha peza audiovisual que amosa o acontecido na Cidade da Cultura. Un retrato da intervención coa maior fidelidade á proposta conceptual que así define Mercedes:

    “Instalarse como obra escultórica coa súa banda nunha parte do Museo e, dende alí, non intervir sonoramente no espazo. O son irá amplificado a través de escoitas individuais, as persoas terán unha emoción sonora, potente, sen ocupar espazo físico.Todo elo através da obra SÓS e sen perder de vista a magnitude e obra en si mesma da Cidade. Cunha mínima intervención pero moi pensada e reflexionada, Suso Basterrechea aporta unha instalación, instalación minimalista e chea de tensión, frialdade, estática con só movementos naturais pola propia física provocados pola orixinalidade do seu pensamenteo.  Todo pensado para provocar itinerancia”.