• Galego
  • Español
  • English
  • Catalán
  • 0

    FORMACIÓN AUDIOVISUAL para profesorado

    /Tags: audiovisual educativo, consultoria, profesorado, Recursos Audiovisuales de Aprendizaje

    Curso: INICIACIÓN AO USO DO VÍDEO COMO FERRAMENTA PEDAGÓXICA

    A nosa consultoria de formación vén traballando en procesos de aprendizaxe orientada ao emprego de recursos audiovisuais como ferramenta de aprendizaxe.

    Dentro dos servizos prestados neste eido, AUPA desenvolve durante a primavera do 2013 accións formativas para o  sindicato de traballadores do ensino STEG. A acción formativa que desenvolvemos nas catro provincias galegas leva por título «INICIACIÓN AO USO DO VÍDEO COMO FERRAMENTA PEDAGÓXICA«.

    Os obxectivos xerais da actividade descríbense na seguinte enumeración:

    1. Estudar as características básicas da linguaxe audiovisual.
    2. Coñecer experiencias do uso do vídeo como ferramenta pedagóxica.
    3. Describir as posibilidades do emprego do vídeo nos procesos de formación.
    4. Aplicar os principios básicos da produción audiovisual no traballo na aula.
    5. Identificar aplicacións informáticas que interveñen na produción audiovisual.