• Galego
  • Español
  • English
  • Catalán
  • 0

    LOBOS, unha experiencia formativa

    /Tags: audiovisual educativo, videos educativos

    Lobos é unha curta documental producida polo Ciclo de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do CIFP A Farixa (Ourense), centro público de Formación Profesional dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración de AUPA na dirección e guión.

    Lobos nútrese dos relatos orais deste animal para reflectir a vida dende as montañas fronteirizas da aldea de San Pedro de Pousada no concello ourensán de Riós.

    A curtametraxe formou parte das prácticas integradas dentro da programación do 2011. Nestas prácticas combinanse as técnicas e os procedementos de profesionais do sector xunto cos coñecementos e coas competencias adquiridas polas alumnas e alumnos do ciclo durante o periodo lectivo.