• Galego
  • Español
  • English
  • Catalán
  • 0

    POESÍA e Audiovisual

    /Tags: audiovisual educativo, poesía, Recursos Audiovisuales de Aprendizaje, videos educativos

    Dentro das iniciativas de colaboración de AUPA coa cultura galega, é de salientar o apoio ao Ciclo de Lecturas Poéticas PICA VERSOS. A creación de pezas audiovisuais intimistas que achegan a poesía á rúa, onde a palabra adquire protagonismo sobre as imaxes.

    PICAVERSOS é un ciclo de lecturas poéticas  no pub Modus Vivendi (Praza de Feixoo, Santiago de Compostela).
    Cada quince días unha nova sesión dunha duración aproximada de hora e media. Nela, tres convidados (que poden ser escritoras, pero tamén músicos, ou xente do teatro, ou taberneiras, ou magos…) escollerán os seus textos poéticos preferidos arredor dun lema. Lerán textos propios e alleos.
    PICAVERSOS quere recuperar, dunha parte, o pracer de compartir unha lectura que nos gusta en voz alta, e doutra, o pracer de escoitala. En tempos vertixinosos, cativos, propoñemos un gorentoso exercicio de concentración: só a VOZ e a PALABRA. Lector e receptor nun encontro único e irrepetible. E entre lectura e lectura, picaremos tamén algún tema musical.

    PICAVERSOS pretende visibilizar a poesía fóra do eido exclusivamente literario e ampliar o seu público. Quere reunir voces diversas sen espazo conxunto nas programacións institucionais. E busca recuperar as lecturas poéticas amplas, non tan orientadas á produción propia como lecturas escollidas (e preferidas) sobre un tema proposto.